sábado, 15 de abril de 2017

Adeus

Estamos conmovidos e moi impresionados.
O noso compañeiro Luis Vázquez Muñiz, membro do Orfeón Lucense desde hai máis de 25 anos, faleceu este Venres Santo, no transcurso dunha enfermidade que non deu superado.
Aínda así, o Orfeón cantou onte a Paixón, vai cantar hoxe a Vixilia Pascual, e cantará mañá a Misa de Pascua, porque a vida segue e Luis así o querería.
O funeral será o luns, 17 de abril, ás 5 da tarde na parroquial de San Francisco Xavier.
Desde aquí enviamos á súa esposa, Pilar, e ás súas fillas todo o noso cariño.
Ata sempre, Luis.

Pascua

Programa para o Domingo de Pascua.
(Catedral, 12 da mañá) 

domingo, 2 de abril de 2017

Pregón

Aquí van algunhas fotos da actuación do Orfeón Lucense durante o Pregón da Semana Santa na Nova, o pasado 31 de marzo.









venres, 31 de marzo de 2017

Semana Santa

Hoxe ás 20.30 horas, na igrexa de Santiago a Nova, e durante o acto en que se pregoará a Semana Santa, o Orfeón Lucense interpretará as seguintes pezas:
Christus factus est, de Martín de Villanueva.
In monte Oliveti, de Juozas Naujalis.
Ave verum corpus, de W.A. Mozart.
Cantique de Jean Racine, op 11, de Gabriel Fauré. 



mércores, 8 de marzo de 2017

Pregón

Este ano, o Orfeón Lucense foi invitado a actuar durante o pregón da Semana Santa, acto que terá lugar o próximo 31 de marzo na igrexa parroquial de Santiago a Nova.


Foto


Fotografía oficial do Orfeón Lucense

xoves, 24 de novembro de 2016

Reseña


Foto: Alberto López

Siete corales en la Catedral, juntas por primera vez


Los conjuntos musicales celebraron el día de Santa Cecilia, patrona de los músicos



Siete corales, más de cien personas en total, participaron ayer en el concierto de Santa Cecilia, patrona de la música, que se celebró en la Catedral. Intervinieron Cantar Delas, Coral do Xeral Calde, Lugh, Xolda, Orfeón Lucense, Xoán Montes y Scholla Gregoriana Lucensis.

Cada uno de los grupos, alguno de ellos con más de treinta componentes, interpretó una pieza, en el transcurso de la misa solemne en la basílica. Esta es la primera vez que se reúnen todas estas corales lucenses para cantar en un mismo concierto, algo que, según explicó el oficiante de la ceremonia religiosa, solía ser algo muy habitual antiguamente en los actos de Santa Cecilia y que parece ser que pretenden recuperar.

Las corales se situaron en diferentes puntos de la Catedral para entonar la pieza que le correspondió a cada una de ellas en la misa. Algunas se situaron en el coro y otras en los laterales. Las participantes se repartieron las diferentes partes de la liturgia. 

En La Voz de Galicia, 23/11/2016

domingo, 13 de novembro de 2016

Repertorio da Clausura do Ano da Misericordia


Misa................................................. Missa brevis, de Jacob de Haan
Procesión de entrada....................... Himno do Xubileo: Misericordes sicut Pater.
Salmo.............................................. El Señor llega para regir los pueblos (LDS 329) 
Aleluia............................................. Benedicat vobis, de G.F. Händel.
Ofertorio.......................................... Instrumental.
Doxoloxía........................................ Padrenuestro (Misal Romano)
Comuñón I....................................... Este es el día del Señor, de J.A. Espinosa.
Comuñón II...................................... Sicut cervus, de G.P. da Palestrina.
Comuñón III..................................... Ave verum, de W.A. Mozart.
Final.................................................. Salve Regina 

xoves, 3 de novembro de 2016

Clausura


O domingo, 13 de novembro, na Catedral de Lugo e a partir das 19.00, terá lugar a clausura do Ano da Misericordia presidida polo bispo da diocese, Mons. Alfonso Carrasco Rouco.
Ao finalizar a celebración, na que, entre outras pezas, o Orfeón Lucense interpretará a Missa Brevis de Jacob de Haan, impartirase a Bendición Papal con indulxencia plenaria.

xoves, 27 de outubro de 2016

Misa de San Froilán

Esta Misa para harmónium, frauta e barítono, composta por Xavier de Acosta foi estreada o pasado 5 de outubro e nesta ocasión será cantada por Marcos Fernández Mosquera, director do Orfeón Lucense. 
Parroquia de Santiago a Nova: Venres, 28 de outubro, ás 20.00 horas.




domingo, 12 de xuño de 2016

Ordenación en Samos



O venres 10 ás 18h tivo lugar a ordenación sacerdotal de José Antonio Morcillo Iniesta OSB na igrexa do Mosteiro de San Xulián de Samos. José Antonio recibira a ordenación como diácono e agora como presbítero. 
Na cerimonia, presidida polo Sr. Bispo da diocese de Lugo, cantou o Orfeón Lucense o seguinte repertorio: 
 Kyrie, Gloria, Agnus Dei e Sanctus da Missa brevis de Jacob de Haan. 
 O salutaris hostia de L. Perosi. 
 Ave verum corpus de Mozart.
Benedicat vobis, de Händel.
Aleluia, de Isauro G. Ramos.
Canticorum jubilo, de Händel. 
Misericordes sicut Pater, himno do Ano da Misericordia.