O domingo, 29 de maio, día do Corpus Christi, o Orfeón Lucense, o grupo Solo Voces e a Banda Filarmónica cantaron na celebración na Catedral de Lugo a Missa Brevis de Jacob de Haan.
A prensa de hoxe recolle o concerto da onte no Círculo das Artes. El Progreso, fiel ao seu estilo, inclúe unha errata: actuaron onte a Banda Municipal e o Orfeón Lucense (non o Orfeón de Ourense). Sobran comentarios.
O vindeiro domingo día 22 de maio de 2016, ás oito da tarde, no Salón Rexio do
Círculo das Artes de Lugo, celebrarase un Concerto benéfico.
Actuarán a Banda Municipal de Lugo, dirixida por Rosendo Ivorra Jover, e o Orfeón
Lucense, dirixido por Marcos Manuel Fernández Mosquera.
As entradas poden adquirirse no local de Mans Unidas situado na rúa da Cruz, 1 B,
1º de 11 a 13 horas, teléfono 982 25 55 67; ou no propio Círculo das Artes desde
unha hora antes do concerto.
Todo o diñeiro recaudado cos 5 euros de donativo
que custa cada unha, será destinado aos dous proxectos que a Delegación de
Mans Unidas Lugo financia este ano en Honduras e Zambia