sábado, 2 de decembro de 2017

Concerto de Nadal

Todos os anos, coma unha tradición, o Orfeón Lucense ofrece un concerto durante o Nadal co desexo de agradecer aos lucenses a fidelidade e o afecto que recibimos deles, ao longo do ano, cada vez que cantamos.
Este Nadal non será unha excepción: A véspera da Noiteboa, cantaremos outra vez para que revivan en todos os corazóns as cancións de sempre xunto a pezas completamente novas no repertorio do Orfeón, e mesmo algunha, composta por José Castiñeira, o noso fundador, que non se volveu cantar en décadas e que agora volve brillar, coma un tesouro.
E non cantaremos sós: cantará connosco o Coro de Nenos da Parroquia de Santiago a Nova, e contaremos co talento de Nacho Samena ao piano e Aquilino Jacob á guitarra.
Hoxe presentamos o cartel, que xa está na imprenta, e que pronto veredes por toda a cidade para lembrarvos que vos esperamos, como cada ano, para vos felicitar o Nadal.


Ningún comentario:

Publicar un comentario